Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
Made in Galiza

 

O libro de Sechu Sende, Made in Galiza, pertence ao ámbito literario e dentro deste ao xénero narrativo. É un libro que contén 42 relatos breves, neles cóntanos historias relacionadas coa lingua galega, coa súa situación.

Nuns relatos o narrador é interno, a historia é contada por un dos protagonistas (por exemplo: Falar, Na oficina de obxetos perdidos, A fábrica de palabras…), noutros o narrador é externo, a historia non está contada por ningún protagonista (por exemplo: A muller que vivia no futuro, Uf, O ladrón de palabras…). Polo tanto, uns relatos están en 1ª persoa e outros en terceira. Nalgúns relatos o narrador é o propia lingua galega.

O tema principal en torno ao que xiran os acontecementos é a importancia que teñen as palabras porque grazas a elas podemos comunicarnos .

O libro fala do problema da perda da lingua debido ao desprestixio, aos complexos que ten a xente e a que moitos pensan que é un idioma para aldeanos (por exemplo no relato, Madrith) das escusas que pon moita xente para non o falar (por exemplo:“Me da corte”, “Es que no me sale…”,”Es que me suena mal...”), dos intentos de moita xente para volver recuperar a súa lingua (por exemplo no relato, Na oficina de obxectos perdidos), da chegada de palabras ao noso idioma para substituír ás nosas e facelas desaparecer a través dos castelanismos (por exemplo no relato, Unha palabra común), da creación dunha lingua nova que compite co resto dos idiomas (por exemplo no relato, A fábrica de palabras), da defensa do idioma levada a cabo por moitos colectivos. É dicir, trata dos prexuízos e da loita de moita xente por derrubar eses prexuízos.

Un exemplo da obra a través do relato Dióxenes.

O primeiro parágrafo corresponde á introdución pois nel preséntasenos ao personaxe principal, Dióxenes, un home de 30 anos que esmaga coa súa bicicleta un ourizo. Ao longo do relato tamén van aparecendo outros personaxes secundarios como Ernesto, o do taller de chapa e pintura , a rapaza curiosa…

O nó abrangue dende o parágrafo dous ata o parágrafo onde Dióxenes acaba a última páxina da libretiña, pois ata aí recóllese todo o núcleo central da historia, o atropelo coa bicicleta do ourizo, cando lle decide contar a Ernesto o que vai facer, é dicir, recoller os cadáveres dos animais que atopa nas estradas e enterralos e as conversas que ten a xente con el cando o ven facer iso.

O desenlace vai dende que acaba a última páxina da libretiña ata ao final pois explícanos o que vai facer con todos os datos recollidos, darnos a relación dos animais que morren cada día nas estradas do noso país.

O espazo onde se desenvolve é Galicia.


Segundo o autor da obra,  a lingua galega atópase con moitos problemas, un deles é que moita xente deixa de falala pois pensan que facelo supón un desprestixio, porque se senten acomplexados, pola presenza dos castelanismos e a marxinación social á que está sometida. Para evitar todo isto está a normalización do idioma e os colectivos de xente que defenden a nosa lingua, falándoa, e que pensan que as linguas non dan nin quitan prestixio senón que é a xente quen prestixia ou desprestixia o idioma.

Séchu Sede pensa que hai que aprender a valorar o noso idioma. Xa que así estaremos valorando a nosa cultura, a nosa propia identidade. Grazas ás palabras podemos relacionarnos e entendernos. Ser nós mesmos.

A obra pareceume interesante, un libro distinto, pero difícil de ler. Tratou temas moi interesantes, os castelanismos, a creación dun idioma único, por que a xente deixa de falar unha lingua, etc.

 

A conclusión que saquei foi que os que falamos galego témonos que sentir orgullosos de facelo. Unha das frases que máis me gustou do libro foi “alguien que no tiene raíces no puede volar”. Nós temos raíces, temos unha cultura propia, polo tanto, podemos voar. Temos que defender a nosa lingua, sentirnos orgullosos dela e, como a protagonista do primeiro relato (Nin en soños vou perder a miña lingua) non deixar de falala nunca.

Adrián Rico (3ºESO) recolle e publica o informe de Raúl Muñiz (4ºESO)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.