Cantiga de amor cicáis
A liberdade endexamáis se acada
e nós, os homes, nunca tivemos azas.
As nosas almas sempre están coutadas
e de xionllos rendidas. Hai espadas.
Hai mulleres e fillos. Tamén patrias.
Tamén economía. Tamén fábricas.
(Ouh, qué gozo morrer nas guerras santas
por mitos, por bandeiras, por palabras
-baixo palabra de honor- palabras sacras.)
Europa ten trescentos millóns de almas,
en cada ialma un mundo, en cada corpo un mandria.
Fusiles, bombas, cañóns, tanques, escadras
-de mar e vento- policías, gardas,
sociedades anónimas, comanditas, limitadas,
xuzgados, xefaturas, alfándegas.
As nosas maus sempre estarán atadas.
Meu corazón, ¿ónde se foi a esperanza
dos verdes anos, i aquelas brancas,
fondas, tenras, outas inquedanzas?
Marga lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]