Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Aldea maldita de Abuín

O domingo 17 de febreiro de 2013 publicouse en El Correo Gallego un artigo de Suso Souto sobre a aldea maldita de Abuín.
Nel cóntasenos como en 1598 chegou ás Rías Baixas a peste negra e acabou coa vida de moita xente, o que fixo que outra fuxise expandindo máis este andazo. A xente que descoñecía a enfermidade botáballe a culpa a unha maldición divina.
A aldea de Abuín foi un dos lugares que recibiu o impacto.
Na actualidade alí só quedan os restos de cinco casas. Anos despois de que os habitantes abandonasen o lugar, cando os propietarios das mesmas volveron, non se instalaron nas súas casa senón que construíron novos fogares fóra da aldea maldita creando un novo núcleo.


Os habitantes foron dando lugar, ou alimentando, unha lenda que di que a fame os obrigou a saquear o mosteiro de Armenteira, levando víveres e tesouros. Estes foron entregados ao cura do lugar para que os agochase, pero o cura morreu e nunca desvelou onde están agochados.
Preto da Aldea Maldita, en 1976, un veciño de Abuín atopa un casco de ouro cuxa orixe se datou entre os anos 1000 e 800 a.C. Actualmente o casco encóntrase no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón, en A Coruña.


Volvendo á raíz  da lenda hoxe sabemos que esta enfermidade que provocou a morte de milleiros de persoas tivo a súa orixe no norte da India. En Europa apareceu por primeira vez en Italia en 1347. En Galicia entrou por O Grove en 1567 e estendeuse por Caldas, Santiago, Noia e Rianxo.
A esta ondada de andazos seguíanlle períodos de escaseza de alimentos. Todo isto foi explicado con termos relixiosos como un castigo divino.


A aldea maldita de Abuín ten reflexos literarios. Castelao dedicoulle Camiño esquecido na súa obra Cousas. Natalia Carou Figueira escribiu recentemente unha novela ambientada nela: O alento nas costas.
En Boiro encóntrase a Galea Vella, outra aldea chea de misterio…

Déixovos un vídeo feito por min no lugar:




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.