Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
A Praia dos Afogados

 

 

A Praia dos Afogados, novela de Domingo Villar, pertence ao ámbito literario e dentro  deste ao xénero narrativo, nela cóntasenos as investigacións policiais levadas a cabo polo inspector Leo Caldas para resolver o asasinato dun mariñeiro de Panxón.

Leo Caldas, inspector de policía, é o encargado de investigar  o afogamento dun mariñeiro de Panxón, Xusto Castelo. Ao principio todo foi pensar que se trata dun suicidio pero resulta ser un asasinato. A investigación leva a Leo Caldas a relacionar a morte do mariñeiro co naufraxio dun pesqueiro o Xurelo, do cal o afogado fora mariñeiro e este naufraxio cao desaparición dunha muller en Aguiño, Rebeca Neira. Ao final o asasino do mariñeiro resulta ser un dos seus compañeiro do pesqueiro naufragado: Marcos Valverde, o cal resultou tamén ser o asasino do capitán do Xurelo e de Rebeca Neira.


A historia está contada por un narrador externo pois relátasenos a historia dende fora do relato e está contada en terceira persoa. Esta narración conta con moito dialogo, neste caso a voz narradora reproduce literalmente o que din os personaxes, a reprodución está en estilo directo.

Os temas principais entorno ao que xiran os acontecementos son: a superstición representada polos amuletos que leva Xusto Castelo no momento de morrer para espantar o mal de ollo. O medo reflexado nos superviventes do naufraxio do Xurelo. A capacidade de persuasión que tivera Valverde para manter calados a Arias e a Xusto, para convencelos da necesidade de amencer lonxe do Porto de Aguiño aquela noite de temporal. A franqueza reflexada en Estévez que sempre dicía as cousas á cara. A falta de madureza ou valor de Leo Caldas para arranxar as cousas con Alba, a súa ex-parella.

A novela consta de 86 capítulos. A introdución abrangue os dous primeiros capítulos pois neles preséntasenos ao protagonista principal, Leo Caldas, o inspector de Policía encargado de levar a cabo a investigación do monte dun mariñeiro en Panxón. Ademais do seu axudante, Rafael Estévez. Ao longo da novela van ir aparecendo outros personaxes clave como Xosé Arias, compañeiro de Xusto Castelo, o afogado, e Marcos Valverde tamén compañeiro destes dous no barco naufragado, o Xurelo. Nestes capítulos fálasenos da época na que transcorren os acontecementos que é no outono xa que andan coa poda das viñas e tamén porque se nomea un produto típico desta estación, as castañas. O espazo no que transcorren os feitos son: Vigo, onde traballa e vive Leo Caldas; Panxón, de onde é Xusto Castelo, o afogado, e onde aparece morto; e Aguiño, porto onde buscou refuxio o pesqueiro Xurelo durante o temporal.

O nó abrangue dende o capítulo 3 ata o 83 xa que nestes capítulos é onde se vai desenleando a historia, onde se vai relacionando o afogamento de Xusto Castelo co naufraxio do Xurelo e este coa desaparición de Rebeca Neira en Aguiño.

O desenlace corresponde os 3 últimos capítulos xa que é onde se desvela que o asasino de Xusto Castelo e Rebeca Neira é Marcos Valverde. Ademais Diego Neira abandona Panxón para non ser alimento para rexoubeos.

Opinión persoal

A pesar do longa que foi esta novela gustoume moito pois mantívome intrigado ata o último momento. Para rematar nomear a importancia que o autor lle dá á beleza das nosas paisaxes, especialmente ás Illas Atlánticas.

 

Adrián Rico (3ºESO) recolle e publica o informe de Raúl Muñiz (4ºESO)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.