A leución
Adeprender a vida é tan difícil
ou máis que resolver un crucigrama.
Tan difícil ou máis que unha pregunta
que houbera que facer na madrugada
cando tódolos arbres choran noite
i os galos cantan.
Adeprender a vida é moi difícil
i ademáis cansa.
Cando tes a leución medio sabida
non che sirve pra nada.
As cousas son así: imos e vimos,
sin enterarnos nunca do que pasa.
Pra saber a leución dámoslle voltas,
cando acaso mellor era non darllas.
Unha mazá, un verme,
unha chuvia caíndo, terca e mansa,
un discurso do alcalde,
unha vinganza,
unha muller parindo,
unha bomba de nápalm.
Dámoslle voltas
sin enterarnos nunca do que pasa.
María e Alicia lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]