Onte mércores 10 de marzo visitou o noso instituto Carlos Negro, autor do libro de poesía Makinaria que algúns alumnos xa lemos o ano pasado ou hai dous anos. Asistimos á súa charla na biblioteca as alumnas e os alumnos dos dous cursos de 2º de bacharelato e mais 4º D.
Este escritor ensinounos outra maneira de percibir a poesía, xa que a adoitamos ver como algo aburrido e tradicional. De feito ata nos deu unha definición de poesía moi orixinal (que era do poeta vasco Kirmen Uribe) mentres nos deu a degustar unha onza de chocolate negro: “Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo”
Con 5 follas cargadas de poemas de diferentes temáticas Carlos Negro demostrounos que non toda a temática da poesía é aburrida e que sempre podemos atopar algo que encaixe totalmente con nós.
A través da poesía podemos ademais expresar os nosos sentimentos e ensinarlle ao resto das persoas a nosa forma de percibir o mundo, coma este paraugas…
E cos poemas e unha onza de chocolate, Carlos Negro conseguiu que vexamos a poesía doutra maneira totalmente distinta.
pequeno, escuro e o máis bo do mundo”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]