Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO
Proxecto RianxoFala: As orixes do galego

As numerosos testemuñas arqueolóxicas que conservamos dos nosos antecesores, e que en tanta abundancia atopamos no Barbanza, transpórtannos ós primeiros poboadores do noso territorio e amósannos tamén un pasado característico. Podemos explicar grazas a eles o nacemento da cultura e idioma de Galicia, froito do encontro entre diferentes pobos na nosa historia.

Algúns dos restos arqueolóxicos máis antigos que atopamos no concello son as mámoas, e , de época posterior, os petróglifos, que reflicten as primeiras manifestacións relixiosas e artísticas.

O famoso “ Casco de Leiro´´ é tamén testemuña da Idade de Bronce.

CASCO

Nos arredores de Rianxo podemos visitar os castros, aldeas fortificadas que construíron e habitaron os celtas ou castrexos. Enténdese, na maioría dos casos, a este pobo como o noso principal antecesor, feito que relaciona a Galicia con outros “lugares celtas´´coma Irlanda e Bretaña.

Porén, posteriormente outros pobos coma os romanos, suevos e árabes chegarían a Galicia, deixando tamén a súa pegada ( en Rianxo foron atopadas, entre outros, dúas estelas romanas ).

Antigos monumentos, obxectos e construcións, que consideramos un valioso legado. Mais o noso idioma galego e a nosa cultura son o resultado tamén da convivencia e influencia entre os diferentes pobos.

Na nosa língua empregamos palabras cuxa orixe se remonta á Idade de Pedra ( toxo, veiga…), á Idade dos Metais ( berce, bico…), á Romanización ( a maior parte do léxico), ás invasións e asentamento dos pobos xermánicos ( orgullo, frecha…) e ó período de influencia árabe na península ibérica (adobe, arroz…)

O noso idioma e cultura son a parte máis importante do legado que os nosos antecesores nos deixaron. Constitúen á nosa herdanza “non material´´ e con elas mantemos viva, día a día, a nosa historia.

 

Aida Saco Beiroa (3º ESO A)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.