Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO
Proxecto RianxoFala: Alumnado do IES nas escolas do CRA

Somos dúas alumnas de 1º de Bacharelato Nerea, Sara que xunto con Manel preparamos un conto sobre as orixes do galego, preparamos unha presentación en power-point e fomos a dúas unitarias no concello de Rianxo que participan connosco no proxecto RianxoFala.

Unha das actividades que xa desenvolvemos en común dentro deste proxecto foi esta da que vos damos conta neste artigo: a visita do alumnado do IES ás Escolas do Cruceiro e mais  do Pazo, pertencentes ao CRA de Rianxo, para explicarlles as orixes da nosa lingua. Porque temos unha lingua milenaria que naceu aquí, que é nosa, que temos que conservar… E iso témolo que ter claro todos e todas.

Nos vésperas do entroido fomos á escola do Cruceiro de Taragoña. Alí estaban os pequenos e pequenas de 3 e 4 anos esperando por nós, coa cara pintada e moi, moi, moi atentos e atentas.

Cra3

Ese día Manel tivo un problema familiar e veu no seu sitio Aida Saco, que aprendeu o papel de Manel rapidisimamente. 

 

 

 

Cra5

Fomos aprendéndolles palabras de orixe prerromana, pero eles xa tiñan preparado o tema coa profe Sol e sabían motísimas xa. 

Cra7

 

Cra8

 

Cra9

Os rapaces agasalláronnos cunhas orellas e roscas propias do entroido. E mentres merendábamos aínda estivemos repartindo os cartaces dos topónimos:

Cra10

 

Cra 11

Cra2

 Foi moi interesante, por iso fomos moi animados de novo o pasado mércores 20 de marzo a outra escola, a do Pazo. O mal tempo e o gripe fixo que houbese menos nenos do normal, pero non fixo iso que houbese menos expectación.

cra12

 

cra13

Na escola do Pazo tamén puxemos a presentación na pantalla dixital e tamén lle contamos un conto.

cra14

 

cra15

 

cra16

 Manel, facendo o árabe nesta foto, ía demostrándolle como  o galego se formou a partir do latín e coas linguas de sustrato e superestrato..

cra17

 Os nenos e nenas, acompañados polas dúas profes da escola, estiveron moi atentos e fixeron moitas preguntas interesantes.

cra18

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As orixes do galego



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.