Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Porta

O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer istes cantos
de escarnio e de maldecir.
Neles, sin ningún aliño,
pro con moito ritintín,
chámolle, tal como os vin,
pan ó pan, i o viño, viño.
Istes versos ó tuntún,
irmáu das horas acerbas,
levan pra ti unhas verbas
de amor na Patria común.
Irmáu meu na emigración,
galego peregrinante,
ergue a testa, mira adiante,
camiña con decisión.
Aprende a decirlle non
ó paisano denigrante,
ó logreiro, ó negociante
da túa triste condición.
De que despertes é hora,
dilles que non, logo berra
que eres bon fillo da Terra,
que estás coa Nai e Señora.

Ismael lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.