O vindeiro sábado 20 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no auditorio da nosa vila o concerto “Baixo o mesmo ceo ´´, un acto solidario de apoio ó Sáhara.
Contaremos coas actuacións de María Manuela, Helena Alfonso e José Lara Gruñeiro (que constitúen a agrupación Barahúnda ) e Bea Porrúa acompañada ó piano por Alfredo Susavila.
Exercerá ademais de presentador do acto Ernesto Chao, o Miro Pereira de “Pratos Combinados´´.
O sábado día 27, e tamén no Auditorio de Rianxo, realizarase a proxección do filme-documental “Hijos de las nubes, la última colonia´´.
Presentada por Javier Bardem, dirixida por Álvaro Longoria e narrada por Elena Anaya a obra obtivo merecido recoñecemento e numerosos premios entre os que destacan o primeiro premio á mellor película no Festival Internacional do Sahara 2012 e o primeiro premio á mellor película-documental dos Goya 2013.
A película é unha viaxe persoal na que Bardem e Longoria guían á audiencia pola terrible realidade do Sáhara Occidental, un pobo abandonado
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]