Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Música doutro mundo con Jimi Hendrix

O 5 de Marzo deste mesmo ano estreouse o undécimo álbum de estudo de Jimi Hendrix, “People, Hell & Angels”. Este novo álbum demostra o talento e creatividade deste artista, que 43 anos despois da súa morte, segue tendo cancións como para lanzar discos. 

Este novo álbum ve a luz grazas ao esforzo da súa irmá, Janie Hendrix, encargada da produción do disco. O álbum posúe 12 temas gravados entre os anos 1968 e 1967, interpretados por un Hendrix con ansias por experimentar con novos sons.

Antes de continuar estaría ben coñecer un pouco da historia de Hendrix…

James Marshall Hendrix naceu en Seattle no ano 1942. Amante dende sempre do blues de BB King, Albert King, Muddy Waters e incluso Eric Clapton. Aos 14 anos conseguiu a súa primeira guitarra ao comprarlla por 5 dólares a un amigo de seu pai. Foi a partir deste momento no que Hendrix se namorou da guitarra e non a soltou ata o día no que morreu. A súa primeira eléctrica foi unha Supro Ozark sen amplificador. Hendrix aprendeu de ver tocar aos demais e no 1962 empezou a actuar en locais co seu amigo Billy Cox, pero foi a partir de 1964, e tras mudarse a Harlem, Nova York, onde empeza o ascenso ata o exito.

Despois de actuar cun montón de músicos, incluído BB King, Tina Tarner ou Little Richard, no 1966 coñece a Chas Chlander que lle propón ir a Londres para gravar un disco e forma unha nova banda: The Jimi Hendrix Experience. Con esta nova banda lanzaría os seus tres álbums de estudo: “Are You Experienced?” (1967), “Axis: Bold as Love” (1967) e “Electric Ladyland” (1968).

 

Con isto non remata a súa historia, xa que entre os anos 1967 e 1970 Hendrix estivo en numerosos concertos e festivais que foron retransmitidos e gravados en audio e vídeo. Algúns deles son o Festival de Monterrey (1967), Woodstock (1969), as sesións na BBC (1969), o concerto no Royal Albert Park (1969), o Festival da illa de Wight (1970) ou o concerto en Fillmore East (1970).

Ademais dos directos, entre 1968 e 1970, Jimi gravou cerca de 40 pezas (algunhas aínda seguen perdidas) que serían lanzadas en diferentes álbums tras a súa morte: “Blues” (1994), “First Rays of the New Rising Sun” (1997), “Valleys of Neptune” (2010) e “People, Hell & Angels” (2013).

Finalmente falece o 18 de septembro de 1970, deixando un legado enorme, incluso maior despois da súa morte.

“People, Hell & Angels” é un grande álbum, sobre todo innovador, xa que, nesta obra, Hendrix “xogou” con estilos como o “funky” ou “jazz”. Non digo que este sexa o seu mellor traballo, pois os seus tres primeiros discos deixaron o listón moi alto, pero anda moi cerca.

En resumen, “People, Hell & Angels” posúe 12 pistas perdidas que soan máis que ben:
 
1.            «Earth Blues»  

2.            «Somewhere»                  

3.            «Hear My Train a Comin’»          

4.            «Bleeding Heart»

         

5.            «Let Me Move You» 

         

6.            «Izabella»           

7.            «Easy Blues»    

8.            «Crash Landing»

         

9.            «Inside Out»      

10.          «Hey Gypsy Boy» 

         

11.          «Mojo Man»   

 

12.          «Villanova Junction Blues»

 

En xeral creo que existe consenso sobre o que este home significou para o rock: un verdadeiro revolucionario. Isto pódese percibir no seu son hipnótico e nos seus riffs tan ecléticos e brutais. É máis, se tivese que definilo cunha palabra, esta sería liberdade. 

Despois de tanto tempo escoitando a Hendrix, creo que o seu poder transformador non só se baseou no seu talento, senón que é algo que está arraigado na súa personalidade: non se sentía atado a ningunha norma existente, facía as cousas como quería. E a pesar de todo non lle daba importancia ao éxito que estaba vivindo, senón que o consideraba todo unha cuestión de sorte. Quizás por iso se sentía tan agradecido co seu público, co feito de que o respetaban, pois en definitiva todo o que facía era experimentar. Dende a súa entrada en escena no 67 ata a súa morte no 70 non dubidou do que quería facer e non tivo medo do que opinasen. Era un home libre, e grazas a iso chegou a somerxerse nunha atmósfera musical inexplorada.

 

 

Nunca saberemos se máis adiante cedería ante as convencións do negocio da música e o peso da fama. O que si sabemos é que a súa enerxía, a súa creatividade e a súa música permanecerán para sempre.

 

Eduardo Domínguez González 4ºA



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.