O pasado sábado 13 de abril o Salón do Cómic de Barcelona galardonou o traballo de Miguelaxo Prado, como o mellor do 2012 para un autor nacional. Anteriormente tamén acadou este premio coas obras “A mansión dos Pampín” e “Trazo de xiz”.
Ardalén segundoPrado é “unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun puñado de seres humanos que se axudan e se fan dano uns a outros, algúns chegan a quererse e todos aférranse aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio”
Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel . Pero hai máis fíos que se van entretecendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran.
E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios.
Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive.
Se queres coñecer máis sobre este autor podes visitar a súa páxina web:
http://www.miguelanxoprado.com/
Ardalén válelle o seu terceiro galardón no apartado de autores españois.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]