Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Certame fotográfico Corasóns

O certame fotográfico Corasóns convocado polo ENDLG polo día da Candeloria, consistía en realizar fotografías de corazóns pero sen corazóns, é dicir, servirse da imaxinación e da orixinalidade para obter unhas imaxes magníficas de corazóns suxeridos, insinuados. O único que se precisaba era unha cámara de fotos e unha bonita frase coa que acompañar a imaxe. Todos os participantes fixeron un gran traballo pero só tres podían ser gañadores ou gañadoras. Entre os que se quedaron ás portas de gañar están algunhas imaxes como estas…

 

Entre as gañadoras, atopamos en terceiro lugar unha imaxe dun mexilón na praia, realizada polas irmás Aldara e Sarela Betanzos. Nesta imaxe vemos unha simple cunhca de mexilón, pero podemos intuír un corazón que se está a abrir.

En segundo lugar atopamos a Mar Fernández cunha fotografía nunha poza de auga, que con imaxinación convértese nun corazón; unha imaxe moi orixinal que nos suxire que á volta do camiño podemos atopar o amor.

E por fin chegamos ao primeiro posto, a gañadora do certame Corasóns , Nerea Lorenzo. Só con ver a imaxe e a frase xa sabemos porque tiña que ser a gañadora. É sublime. Esta imaxe dunha mazá mordida, é o resto dun corazón na procura da feliciade. Suxire tantas novidades, tantos desamores…

Para que vexades o magnífico traballo de todos os participantes do certame aquí tendes este vídeo…

SARA MARTÍNEZ e LAURA MIRÓN (4A)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.