Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
Carlos Negro na biblioteca do noso centro

O pasado 10 de abril de 2013, tal e como xa contamos en artigos anteriores, achegouse ás instalacións do IES Félix Muriel de Rianxo o autor Carlos Negro, profesor de lingua do instituto de Dodro e poeta. Non é a primeira visita, pois fai un par de anos xa estivera connosco falando do seu libro Makinaria.

 A actividade sobre a poesía levouse a cabo na biblioteca do centro e, a pesar da escasa duración da mesma, poderíase calificar de amena.

 Nos instantes iniciais, as súas palabras encamiñábanse a describirnos o que para el significaba a poesía e o que lle facía sentir. Empregou como metáfora dos seus sentimentos un paraugas, pois cando atopaba un libro de poesía que lle gustase verdadeiramente, a súa actitude mudaba. Por exemplo, cun paraugas negro no cal ninguén se fixa porque é discreto e non chama á atención, cambiabase por un moi colorido. 
 
Tamén nos fixo reflexionar sobre os nosos prexuízos cara a poesía por asociala con algo aburrido. Pero claro, tamén hai libros de narrativa que son aburridos. Procedeu coa lectura dalgúns poemas que a el lle gustaban en especial e sobre temas moi diversos e variados para demostrarnos que a poesía pódese adscribir a calquera ámbito. Para el, a mellor definición de poesía era unha comparación que fixo un poeta acutal cunha onza de chocolate. Para demostrárnolo, fíxonos a proba repartíndolle unha onza a cada un dos presentes. Ademais, tamén nos entregou uns poemas escollidos por el da súa biblioteca particular para lermos e demostrarnos novamente todos os temas dos que trata.
 
Finalmente, amosounos un par de poemas escritos por el do seu próximo libro, aínda en proceso de edición.
 
En poucas palabras, unha actividade amena onde aprendemos algo máis sobre o que é realmente a poesía.
 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.