Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Carlos Negro falou de poesía no noso IES

O pasado mércores 10 de abril visitou o noso IES o poeta e profesor Carlos Negro do que aproveito e recomendo ler moitos dos seus poemas, onde mestura humor con denuncia sobre varios temas de actualidade.

Este poeta visitounos para falarnos dos atractivos que pode ter a poesía en xeral exemplificando sobre todo coa poesía actual.

 A charla comezouna xa de maneira que chamou moito a nosa atención e iso fixo que nos sentísemos cómodos e estivésemos abertos a saber o que nos tiña que contar. Empezou por definir o que era a poesía e o que significaba para el este xénero (abaixo tendes un pequeno vídeo onde podedes escoitalo).


Carlos 5

 

 A verdade é que os xoves de agora polo xeral non lemos e rexeitamos a poesía sen coñecela ben, o que si é certo e que esa charla dende o meu punto de vista foi produtiva, foi capaz de resaltarnos os moitos atractivos que pode ter a poesía, non toda evidentemente pero como el mesmo nos dixo nin as películas, nin as novelas son todas boas e entretidas.

Mostrounos varios poemas de algúns autores que el pensaba que nos podían interesar e ben é certo que sorrimos e dentro de nós, non sei se de todos, apareceu algo que nos anima a poder coñecer a poesía mais alá do que lemos obrigatoriamente.

Persoalmente duns folios que nos entregou nos que había varios poemas gustoume moito un do Leo onde di:

Falarlles o castelán aos turistas

É coma esconderlles

a Catedral de Santiago

cambiándolla pola de Burgos

Ou tamén o poema de Samuel L.París,de María Lado, de Enma Pedreira e moitos outros.

En resumo podo dicir que Carlos Negro sí conseguiu o obxetivo de facernos ver que si hai poesía que vale a pena ler, e non rexeitala como acostumamos a facer.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.