Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Un bípedo ronzal

Portugal, non. Resulta moi ridículo

que o nome dunha pátria benemérita

se enlixe apelidando a iste pedículo

parásito ronzal de alma pretérita.

Non digas Portugal, di portugálico

pois gálico rezuga o rostro estólido

diste pimpín pasmón microcefálico

que ten un non sei qué de peido sólido.

Chámalle ao tal, memez enciclopédica,

acólito sandéu, mula ortopédica,

bípedo insólito, orneo asnal.

Pero non Portugal, que iso dá pábulo

a que a xente confunda ao probe rábulo

co gran país de Antero de Quental.

Manuel lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.