Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Non quero escoitar nin un chío

Twitter anunciou hai uns días a incorporación de novos idiomas ao catálogo da rede social, entre eles o galego, que se equipara neste sentido ao catalán eúskaro ou español. En setembro a rede social a través do perfil do seu tradutor oficial pediulle a todos aqueles usuarios que estivesen dispostos a colaborar que se inscribisen no Centro de Tradución para axudar a crear a versión galega de Twitter. Non sería ata finais do mes de febreiro cando por fin a páxina permitise aos tuiteiros o uso dunha versión en galego aínda que sen rematar de traducir. Coa etiqueta #TwitterQuereGalego en xuño a comunidade galega en Twitter esixiu o dereito a expresarse en galego, e #férvemeosangue converteríase nun dos temas mais falados no momento.

Un dos principais impulsores do uso desta ferramenta no idioma de Castelao seria o perfil @tweet en_galego, conquista que non tardou en roubarlle o goberno de Feijoo, recibindo numerosas críticas por parte dos tuiteiros. Agora o twitter en galego xa é toda unha realidade, grazas ao labor de tódolos usuarios que traducimos “Chío”, “Listaxes”, “Rechouchío” ou “Procurar”. Pero a versión web non esta rematada, nin existe a posibilidade de escoller o noso idioma na aplicación para Android, polo que animo a calquera interesado a axudar nesta causa traducindo as palabras que restan, poderán facelo entrando na web de inicio do tradutor dende a súa conta de Twitter e escoller o Galego como lingua.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.