Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Literatura e lusofonía en Rianxo

Coa colaboración do Concello de Rianxo e grazas a Axóuxere Editora e ó interesante proxecto de residencias de escritores que está a impulsar na aldea de Brión en Rianxo, disfrutamos os días 20 e 21 de febreiro dun obradoiro de escritura creativa impartido polo narrador brasileiro Amilcar Bettega .

Entre a ducia de participantes atopamos rianxeiros, composteláns, e persoas doutros concellos da contorna. Foron seis horas nas que a lingua galego-portuguesa serviu de ferramenta para crear personaxes e historias e para logo compartilas. Fomos testemuñas de que durante ese tempo non houbo en ningún intre dificultade ningunha para comunicarse. Nin a nasalidade do brasileiro, nin a gheada dos de Taragoña ou os de Outes foron nunca obstáculo para a comprensión. Quizais porque con tanta frecuencia escoitamos que o galego limita, sempre nos satisfai e nos emociona comprobar a variedade e o alcance da nosa lingua, que nos abre portas ó mundo e ó coñecemento. Desta volta achegounos á mestría de Bettega, gañador de prestixiosos premios literarios e con textos publicados en antoloxías, xornais e revistas literarias do Brasil, Francia, Suecia, Luxemburgo e os Estados Unidos. En 2010, Bettega foi convidado a participar no International Writing Program da Universidade de Iowa, nos Estados Unidos, berce e centro de referencia mundial da Escrita Creativa.

Amílcar Bettega impartiu un obradoiro de escrita creativa



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.