O Galician Connection é un completo programa formativo artellado en cinco puntos e dirixido principalmente a músicos ou estudantes (que se deberán inscribir previamente) aínda que tamén haberá un concerto, que contará con importantes figuras da música galega e internacional.
Cristina Pato, directora artística de Galician Connection, será a encargada de desenvolver esta edición que contará ademais con oito músicos de grande prestixio entre os que se atopan: o saxofonista Jorge Pardo (recoñecido coma Mellor Músico Europeo de jazz), o violinista William Harvey, ou a cantante e violonchelista Rosa Cedrón.
As fases nas que se desenvolverá o Galician Connection son cinco.
A primeira delas Conecta!, será un punto de encontro entre os músicos convidados e os participantes do programa no que haberá ademais dun debate, encontros cara a cara.
A segunda, Conecta!, na que se impartirán obradoiros.
A terceira, Emprende!, que consiste nun Foro de Emprendemento Cultural dirixido por persoas relevantes e experimentadas na industria coma William Harvey, fundador da feira Womex, que se levará a cabo no Gaiás no 2014.
A cuarta fase é chamada Crea!, no que os participantes observarán a preparación que leva consigo o concerto de clausura, no que actuarán os oito músicos convidados.
Por último, Comparte! Será o propio concerto que se celebrará as 21:00 h do sábado 20 de abril e cuxas entradas xa se atopan á venda, e no que poderemos escoitar unha fusión de sons de diversas partes do mundo (dende música tradicional chinesa ata percusión cubana) ademais dun inédito repertorio a cargo de Cristina Pato.
Como guinda e novidade desta edición, o domingo 21 as 13:00 h realizarase a Vermú Connection na que aquelas persoas que participaron no certame poderán amosar nunha jam session aberta ao público e gratuita o seu talento.
Comeza a conta atrás!
o vindeiro 18 de abril e ata o día 21 dese mesmo mes, arranca no Gaiás a segunda edición deste particular programa formativo
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]