Eiquí será
Quero morrer eiquí (cando me chegue
a hora do viaxe que me agarda).
Eiquí niste silencio
de pombas arroladas,
niste vento que dorme nos piñeiros
un profundo sono de arelanzas.
Quero morrer eiquí cos ollos postos
no fumegar das tellas, na borralla
do tempo, frente a frente
de min, aberta a ialma
aos latexos das horas, nunha tarde
ateigada de arpas.
Van e veñen as nubes viaxeiras,
as anduriñas pasan.
O pandeiro da chuvia
repenica unha maina
melodía de outono,
que no roncón do río se acompasa.
Quero morrer eiquí. Ser sementado
nesta miña bisbarra.
Finar eiquí o meu cansancio acedo,
pousar eiquí pra sempre as miñas azas.
Estefan lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]