Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Cantalingua

Aquí tendes as bases do Cantalingua. Agora que estades de vacacións seguro que tendes tempo para gravar os vosos temas. Máis información en http://www.cantalingua.org/

BASES PARA O CONCURSO CANTALINGUA

1. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que que desenvolven a súa actividade en galego, organizado polo Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración de komunikando.net

2. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua.

3. As cancións enviaranse en formato mp3 a correlingua@correlingua.org ou correlingua@gmail.com antes do 1 de abril de 2013, as 24.00.

4. As cancións deberán ser orixinais, ficando excluídas as versións, e en lingua galega. Ademais, con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a organización propón a todos os grupos que musiquen parcialmente ou completamente algún ou algúns destes poemas (seguindo a 1ª edición. Pódense atopar todos os poemas en www.cantalingua.org): Poema nº 1: “Has de cantar…” Poema nº 2:”Nasín cando as prantas nasen…” Poema nº 7:”Un repoludo gaiteiro…” Poema nº 9: “Campanas de Bastabales…” Poema nº 11: “San Antonio, bendito…” Poema nº 13: “Adiós, ríos; adiós, fontes…” Poema nº 19: “Non che digo nada…” Poema A gaita gallega, parte IV Poema nº 30: Alborada (poema 30 do libro) Poema nº 31: “Eu cantar, cantar, cantei…”

5. Excluiranse aquelas que conteñan contidos de caracter sexista, homófobo, racista ou calquera outros discriminatorios e/ou contrarios aos fins pedagóxicos e educativos do Correlingua.

6. Ademais do tema en mp3, deberase enviar unha pequena presentación da banda ou solista, xunto cunha fotografía.

7. As cancións serán colgadas na páxina www.cantalingua.org , e www.correlingua.org, e publicitadas por outras canles e redes sociais, para que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.

8. Un xuri integrado por alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de centros participantes no Correlingua, así como membros da organización do Correlingua determinará os grupos ou solistas gañadores.

9. Os gañadores serán dados a coñecer o 15 de abril de 2013. 10. O premio consitirá en actuacións dentro da programación do Correlingua, a distribuir entre os tres primeiros clasificados e cunha remuneración de 600€ brutos por actuación. O primeiro clasificado escollerá as actuacións en primeiro lugar, o segundo en segundo e o terceiro en terceiro lugar. No caso de que algún dos gañadores non puider participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os 10 primeiros.

11. Todos os concertos serán pola mañá, entre o 2 e o 16 de maio e terán unha duración aproximada de corenta minutos e deberán ser integramente en galego.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.