Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Arredor dos prexuízos

Tras a lectura de Made in Galiza, de Séchu Sende, e despois de asistir á representación de Pelos na lingua de Talía Teatro, eis as consecuencias que a actividade provocou entre nós…

O día 7 de febreiro algúns dos alumn@s de 4º ESO e 1º de Bachillerato, reunidos con outros centros, asistiron a unha saída didáctica ao Salón Teatro, en Santiago de Compostela ( o único espazo de exhibición escénica de titulariedade exclusiva da Xunta de Galiza), para ollar a obra chamada “Pelos na lingua”. Unha comedia para os rapaces de máis de 13 anos, chea de humor e ironía que traballa o tema dos prexuízos lingüísticos. No teatro representáronse unha serie de escenas, as cales (algunhas con modificacións, outras tal cal) foran tiradas do libro, que previamente leran os asistentes, “Made in Galiza”, do autor Sechu Sende. Un libro de relatos relacionados coa lingua galega. Algúns dos relatos que entraron na obra foron entre outros “ O ladrón de palabras” e “ Nin en soños vou a perder a miña lingua”. A obra de teatro foi interpretada por Artur Trillo, Toño Casais e María Ordoñez dirixidos por Avelino Gonzalez, que fixeron todo o posíbel para que cada un dos espectadores que alí estivesen chegaran á mensaxe que eles querían transmitir. A compañía Talía foi creada en 1988, co seu propio estilo orixinal. Todos os seus espectáculos foron e son creados para nen@s e moz@os porque eles consideran que a creación dos novos públicos é unha das materias que aínda están pendentes do teatro feito en Galiza. Esta compañía declarou na presentación da obra que: ía destinada a todo o mundo: aos galego-falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero no se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o flan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, os que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan o galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, a todos e a todas. Eu son estudante do IES Félix Muriel e, por suposto, unha das moitos alumn@s que asistiron ao teatro, opino que é unha obra moi ben feita. Disfrutei tanto a obra que cheguei á conclusión de que foi a mellor que eu vin, aínda que vira poucas. Recoméndollela a todo o mundo, especialmente aos castelán-falantes de Galiza.

MIRIAM LORENZO (4C)

A obra de teatro “Pelos na Lingua”, pertencente á compañía Talía Teatro, ten como tema os prexuízos que existen arredor da lingua galega, pero dende un punto de vista humorístico. Interpretada poa Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez e baixo a dirección de Avelino González, a obra divídese en pequenas escenas. Todas elas tratan os prexuízos lingüísticos dende diferentes perspectivas e puntos de vista. No referente ao dramatismo os actores non saíron da súa personaxe en ningún momento, nin tiveron ningún tipo de falta de coordinación durante as escenas. En xeral “Pelos na Lingua” é unha obra sinxela pero dunha complexidade asombrosa debido aos longos diálogos e ao continuo cambio de personaxes. Na miña opinión “Pelos na Lingua” cumpre realmente a súa función: divertir ao público; pero, ao mesmo tempo, cumpre unha finalidade didáctica: transmitirlle a mensaxe ao espectador de que debemos ser quen de enfrontar os prexuízos sobre a lingua. En conclusión, é unha obra excelente en todos os aspectos e que realmente paga a pena ver.

EDUARDO DOMÍNGUEZ (4A)

Tan digno como calquera…

Na miña opinión xa que son unha pequena fan do teatro a obra foi excelente, sinceramente creo que foi a obra de teatro que máis me gustou de todas as que vin. Esa maneira de crítica social, con ese toque tan humorístico, facían unha combinación moi, moi boa. Dende o principio empezou forte, con ese “striptis” da moza, no cal defendía que as galegas non só somos “o tópico”, unha muller vestida de gaiteira, senón que podemos ser sexys, cultas e refinadas. É unha maneira de enganchar os espectadores dende o minuto un. A obra continuou con distintas historias, cada unha tiña o seu, cada unha facíache rir e ó mesmo tempo reflexionar sobre como é a sociedade de hoxe en día co galego, cada unha desas historias abría un pouco de cargo de conciencia en cada un de nós. En resumo que se de verdade te sentes galego, se de verdade tes un mínimo de conciencia co que está a pasar hoxe en día, é unha obra que che atrapa da cal non podes apartar os ollos. Eu persoalmente recomendaríaa unha e mil veces. Pero tamén lla recomendaría a eses galegos que só falan o castelán por sentírense máis que os seus conxéneres. Quizá desa maneira ese día aprenderían algo, tal vez se lles removería algo dentro da súa conciencia xa que o galego non deixa de ser o seu idioma, tan digno como calquera.

 

ANDREA DE JESÚS (4C)

Miriam Lorenzo, Noel Martínez, Eduardo Domínguez, Marta Lorenzo, Andrea de Jesus e Jenifer Rodríguez



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.