Na miña gorxa agruman as palabras
que de fontes moi fondas vanme vindo
e fanse ríos longos polas veas,
rosas de luz nos ollos ou escumas.
Pero as miñas razón non son palabras
sinon cousas que eisisten elas soias,
que coma Dios eisisten arredradas
nun silenzo de estrelas fuxidivas.
Pequenas cousas, grandes coma vermes,
pechadas no silenzo, sin palabras,
pousadas sobre sí dende o principio,
indo e vindo no tempo coma peixes,
coma peixes do vento, sin palabras.
Vós nunca entenderedes estas cousas,
estas fontes tan fondas, sin palabras,
que nas palabras xurden tatexando
coma meniños nados nun hospicio.
Oramá non sepades o segredo
destas fontes tan fondas, sin palabras,
xa que sodes somente unas palabras
indo e vindo no tempo, unas palabras,
palabras e palabras e palabras.
Sara lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]