Dende o 16 de Febreiro ata o 9 de marzo a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolver o I Programa Galego de Poesía Erótica chamado FERVEIRO AMARZO.
As propostas que se van a realizar son as seguintes:
- SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas no Auditorio de RianxoObradoiro de creación (de poesía erótica) e posta en escena a cargo da escritora Antía Otero. Inscricións en http://www.concelloderianxo.es/inscricions/ferveiroamarzo a partir do venres 8 de febreiro ata o venres 15 da febreiro ás 14.00 horas.
Partirase da creación de textos propios con temática erótica para sacalos do papel de darlles a canle da voz.
Así, ao longo de dúas sesións de tres horas cada unha, pasaremos polo proceso de darlle forma literaria a un sentimento, emoción ou necesidade para despois investigar as ferramentas e os mecanismos cos que contamos á hora transformalo nunha forma “escénica”.
O obradoiro está aberto a todas as persoas interesadas na escrita e/ou na escena.
@s participantes poden crear os textos dentro do propio obradoiro, ou traballar a partir dalgún texto realizado previamente que tomaremos segundo o caso como punto de partida.
Programa:
Dende o 16 de Febreiro ata o 9 de marzo a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolver o I Programa Galego de Poesía Erótica chamado FERVEIRO AMARZO.
As propostas que se van a realizar son as seguintes:
- SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas no Auditorio de RianxoCando o corpo faise verba.
Obradoiro de creación (de poesía erótica) e posta en escena a cargo da escritora Antía Otero. Inscricións en http://www.concelloderianxo.es/inscricions/ferveiroamarzo a partir do venres 8 de febreiro ata o venres 15 da febreiro ás 14.00 horas.
Partirase da creación de textos propios con temática erótica para sacalos do papel de darlles a canle da voz.
Así, ao longo de dúas sesións de tres horas cada unha, pasaremos polo proceso de darlle forma literaria a un sentimento, emoción ou necesidade para despois investigar as ferramentas e os mecanismos cos que contamos á hora transformalo nunha forma “escénica”.
O obradoiro está aberto a todas as persoas interesadas na escrita e/ou na escena.
@s participantes poden crear os textos dentro do propio obradoiro, ou traballar a partir dalgún texto realizado previamente que tomaremos segundo o caso como punto de partida.
Programa:
Mañá: Sesión 1.- Presentación. Lecturas propostas compartidas. Busca de referentes. O corpo. Inicio de traballo de escrita. Repousar o texto. A relación co corpo. A relación co outro.
Tarde: Sesión 2.- Reencontrar o texto. O mapa físico. A voz. Verse a través da imaxe proxectada. Ferramentas dende onde mostrar o traballo. Peche.
As persoas participantes deberán levar o seguinte:
Material para escribir. Roupa de traballo (cómoda). Algún tipo de dispositivo que rexistre imaxe e son. Un teléfono móbil con cámara é suficiente. Algún texto escrito previamente no caso de que se queira que sirva de punto de partida para traballar.
Antía Otero é escritora, creadora e actriz. Tras licenciarse en Historia da Arte pola USC, realizar un Máster en Historia e Estética do Cinema e formarse artisticamente na Escola de teatro e danza Espazoaberto, decide adicarse á creación escénica movéndose nun código entendido a partir da hibridación de diferentes disciplinas artísticas e creando propostas persoais con textos propios. No campo do audiovisual ten Traballado en series TV, curtametraxes e longametraxes. Como poeta é autora de O Son da Xordeira (2003), (Retro)Visor (2010) e participou en diversos libros colectivos, fancines, revistas e xornais. Na actualidade cursa o Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Artea, Universidade de Alcalá, Reina Sofía e Matadero, imparte obradoiros de creación literaria en Polisemias, A Coruña e artísticos en Normal. Espazo de Intervención Cultural da UDC e ven de estrear (Retro)visor, un traballo escénico de perfopoesía acompañada do músico Isaac Garabatos. É Vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Máis información sobre a autora na seguinte ligazón
- VENRES 22 DE FEBREIRO, Bar a Lareira (O Pazo) 22.30 horas
Slam de Poesía Erótica
(fase de quencemento do I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada) en colaboración con SLAM.arousa
- SÁBADO 23 DE FEBREIRO, Biblioteca Pública Municipal Castelao, 12.00 horas
CONTACONTO-LES familiar
(“Titiritesa” de Xan Quintiá e Mauricia A.C. Quarello), a cargo de Tero Rodríguez e Olga Núñez.
- SÁBADO 9 DE MARZO, Auditorio de Rianxo, 20.00 horas
I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada
Batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e unha persoa gañadora)
Inscricións no Auditorio o mesmo día de 19:30 a 20:00 horas. Sortearase a orde de intervención. Premios: publicación dos poemas na rede e Diploma acreditativo.
Intervención plástica erótica a cargo da artista María Piensos
Actuación musical a cargo de Najla Shami.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]