Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Enerxías renovables

Dentro das charlas temáticas que diferentes profesores da Universidade de Santiago de Compostela impartiron neste trimestre no noso centro, o pasado luns 28 de xaneiro de 2013 a quinta hora recibimos no salón de actos ao profesor José Antonio Rodríguez Añón.

O profesor Añón naceu na Coruña no ano 1966 e é profesor titular da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do Máster de Enerxías Renovables. Este último foi o tema de que tratou a súa conferencia, as enerxías renovables e as súas posibilidades. Nela explicounos que son as enerxías renovables e os diferentes tipos (solar, eólica, xeotérmica, biomasa, mareomotriz ou mareomotérmica) e como se obtén cada unha.

De todas as enerxía, en Galicia, a eólica é a que ten máis forza, xa que é un sistema tradicional, sempre se usaron muíños de vento, aínda que usando outros materiais.

A enerxía solar non é moi axeitada polas condicións meteorolóxicas.

A enerxía xeotérmica

en Galicia non ten potencial suficiente salvo nalgunhas zonas concretas, nas que se pode empregar para uso doméstico á hora de quentar a auga para a calefacción.

 

No que se refire á biomasa,  a superficie forestal galega non ten capacidade para  utilizala a grande escala.

E as enerxías mareomotriz ou mareomotérmica, aínda falta moito para utilizalas de maneira rendible.

Rodríguez Añón  prupóxonos medidas sinxelas coas que se podería aforrar enerxía como empregar bombillas de baixo consumo, regular a temperatura da calefacción ou instalar dobres portas na entrada dos edificios, dobre ventá nas casas, ir andando en desprazamentos curtos en lugar de utilizar o coche ou usar o transporte público.

ADRIÃN RICO (3ºPDC)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.