Desterro
Abrín o grifo do baño,
saía a iauga
fungando,
fuu, fuu, fuu.
(A iauga na cidá non canta.)
-Vella amiga,
camarada
da lonxana nenez
na montaña:
-Que fas eiquí
nesta casa?
-Nunha cárcere estóu,
téñenme desterrada.
Canles de ferro negro
apréisxanme a ialma.
Debaixo da cidá,
Aa carón das cloacas,
camiña a miña noite
sin alba.
Volvoretas de outono
baixo unha chuvia maina,
¿qué foi das follas murchas
que sobre min levaba?
Espello das estrelas
e das nubes que pasan,
nos regatos cantores
tolos de escumas brancas.
¿Qué foi do ceo aquil,
do vento e das calandrias,
dos solpores calados,
dos prados e labranzas?
-Tamén eu,
irmá auga,
Teño saudades
da nativa patria,
á que un día voltaréi
nunha caixa.
Non se pode tornar
atrás. O tempo pasa
e non volve.
O mar agarda.
O mar.
A noite sin alba.
Alba lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]