Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
A lenda que sigue viva

Despois de 45 anos e máis de 300 millóns de discos vendidos, Led Zeppelin segue sendo a banda sonora de moitas historias, a inspiración para miles de músicos e a banda de rock máis importante dos anos 70 para moitas persoas.

 

Non é difícil entender o porqué do seu éxito se coñecemos a historia de Led Zeppelin, pois esta banda formárona catro músicos de sesión que, cansos de interpretar partituras, deixaron voar a súa imaxinación para facer as obras mestras polas que hoxe son coñecidos.

Estes músicos son: Jimmy Page, un mestre da guitarra, fundador de Led Zeppelin e principal compositor; John Paul Jones, un baixista e pianista cun sentido do ritmo vertixinoso; Robert Plant, un vocalista cunha das voces máis potentes e recoñecibles do rock; e John Boham (R.I.P.), un dos máis importantes baterías do rock pola súa capacidade de improvisación.

A pesar de crear outras grandes obras, tales como “Led Zeppelin I” e “Physical Graffity”, Led Zeppelin é realmente coñecida pola súa cuarta obra, “Led Zeppelin IV”, na cal están as que moitos consideran as tres mellores cancións de Led Zeppelin: “Black Dog”, “Rock n’ Roll” e “Stairway to Heaven”.

 Aquí podedes escoitalas e comprender por que as consideran as mellores.

Moitos din que ninguén pode ser unha lenda viva xa que a xente só respecta aos mortos, pero pode que Led Zeppelin sexa a excepción que confirme esta regra.

EDUARDO DOMÃNGUEZ (4ºESO A)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.