Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Rotas científicas

O pasado Novembro, mes da ciencia, realizouse en Madrid un programa de Cooperación Territorial organizado polo Ministerio de Educación coa colaboración das Comunidades Autónomas nas que grupos de alumnos de bacharelato ou formación profesional de materias científicas se acercaron a coñecer unha rexión diferente da súa dende o punto de vista da ciencia. Nel participaron rapaces e rapazas do noso IES, de primeiro e segundo de bacharelato. Foi unha experiencia científica enriquecida con cultura, proveniente tanto da capital como das Illas Baleares, posto que participou outro centro, o IES Capdepera (Mallorca).

A viaxe durou apenas cinco días, partindo o luns 19 e voltando á casa o venres 23. A pesar da brevidade da saída, o tempo foi aproveitado e desfrutado ao máximo. Tendo a maior parte das actividades carácter científico, abarcáronse nelas múltiples áreas de coñecemento: biotecnoloxía, xeoloxía, petroleoquímica, botánica, física cuántica, etc. Nalgunha ocasións de xeito privilexiado, como por exemplo no INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial) que permitiu o acceso a unhas instalacións vedado ao resto do público.

As noites foron adicadas ao intercambio cultural. O martes, os alumnos de Capdepera expuxeron unha reportaxe sobre o seu pobo, a súa illa, as súas tradicións, gastronomía, festas, etc. Mentres que os alumnos do Felix Muriel fixémolo o mércores. Ambas culturas, con idiomas diferentes e procedentes de extremos opostos de España, resultaron sorprendentemente semellantes. A convivencia foi excelente, e o aprendido uns doutros inesquecible. A derradeira noite pasada en Madrid, centrouse na propia capital, visitando os lugares máis representativos, como a Porta do Sol, a Gran Vía e a famosa chocolatería San Ginés, onde degustamos a especialidade da casa, chocolate con churros.

A despedida foi salgada, coas bágoas nos ollos, e a maleta na man, deixamos atrás Madrid e voltamos á rotina, que é o deber inexcusable de todas as criaturas…

IRENE BLANCO MARTÍNEZ 1ºBACH



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.