Bótote de menos. Aínda que nunca me crucei contigo pola rúa, aínda que xamais che oín falar nin rir, noto que faltas.
Cando penso en ti, véñenme á mente a túa fraxilidade e a dozura que tan ben lles transmitías ás túas personaxes. Algunhas veces entristézome recordando a túa infancia durante a II Guerra Mundial, eses días dramáticos, que viviches nas túas propias carnes, primeiro en Béxica e logo en Holanda.
Recordo ter lido algunha reportaxe sobre a túa faceta de bailarina de ballet, esa na que tanto perseveraches demostrando que a tenacidade é o único camiño de cara ao éxito.
Pero, non te converteches en bailarina, seica foi o destino o que quixo que a actuación chamara á túa porta, dende aqueles primeiros musicais ao teu primeiro papel en Hollywood: Vacacións en Roma. Neste filme, no que interpretabas a unha princesa que quere ser unha persoa normal, que se namoraba, que se equivocaba e que se divertía, conseguiches que todos nos emocionaramos coa inocencia desa moza aristócrata, que á vez parecías ti propia.
Despois deste éxito, o mundo rendeuse aos teus pés. Gañaches o Óscar, protagonizaches musicais e tamén filmes de sutil humor, eses que despois de velos fan que un sorriso che inunde o rostro
Algúns recordarante pola túa interpretación ao lado de Cary Grant en Charada, outros por coprotagonizar xunto a Humphrey Bogart Sabrina, e moitos pola conocidísma Breakfast’s at Tiffanys que te encumbrou coma o icono entre os iconos.
Colaboraches con asociacións benéficas, á miña mente, venme a túa viaxe humanitaria no 1992, xa enferma, a Somalia, que resume perfectamente esa capacidade de facer da perfección algo terrenal.
Elizabeth Taylor resumiuno así, o día no que o mundo se despediu de ti: "Deus estará contento por ter un axo coma Audrey ao seu carón".
Mais eu non quero dicirche adeus, quero seguir véndote, e réndome contigo, quero continuar admirándote, copiándote e envexándote. Quero que sigas aquí. Quero, que sigas sendo eterna.
Para sempre, Audrey Hepburn
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]