Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Queremos galego!

Dende o local de alumnos do IES, animámoste a asistir a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, en defensa da nosa lingua, o galego.

As medidas de Wert, atentaron dende o principio contra o galego, xa que no seu novo borrador o galego aparece como unha lingua de 3ª categoría, mesmo por detrás da 2ª Lingua Estranxeira ou da Relixión.  

Se estas medidas che parecen unha inxustiza ou se simplemente amas a túa lingua e che parecen  unha agresión os desprezos que se lle están facendo con estas medidas, anímate a asistir á manifestación que o domingo 27 de xaneiro ás 12 da mañá terá lugar en Santiago (sairá da Alameda).

Non esquezas difundir esta mensaxe e anímate a asistir!

 

Carme Veiga 4ºD



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.