Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
O condado

Esta terra, ¿de quén é?
Canto dende eiquí se ve
e outro tanto que se esconde
é do meu señor o conde.
O mar é seu,
súa é a terra i o vento.
No mar ten barcos,
na terra, ríos hidroeléctricos.
Mais o aire
non lle produz dividendos
porque a xente, tan falta de principios;
respira o seu alento
coma si o aire fosse un ben de todos,
algo así coma un aire mostrenco.
Non hai concencia. O pobo
xa non sinte respeto
pola santa propiedade
nin polos sagros dereitos.
Reprime, conde meu, iste asoballo,
ponlle ponto final ó desenfreno.
Instala axiña un contador eólico
no espacio intercostal dereito
de cada cidadán diste condado.
Rixe o país a xeito,
impón a lei e medra os teus haberes,
que a paz e o orde voltarán ó reino.

Poemas de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.