O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo†son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha polÃtica de promoción do idioma propio do paÃs de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüÃstica.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dalle a razón con este decreto aos milleiros de personas que se manifestan en defensa da súa lingua. Ao mesmo tempo este discurso sobre as lingua no ensino resultou ser crispante por ser antipedagóxico e vulnerar tratados internacionais sobre os dereitos lingüísticos.
Ante esta situación, o goberno debería derrogar o Decreto do Plurilingüismo e promulgar unha nova norma.
Esta norma debería:
- Garantir a educación en galego en infantil para todos os nenos galegofalantes, poñendo especial interese nos nenos castelanófonos, fixando, como mínimo o 50% do horario semanal en galego durante esta etapa educativa.
- Garantir que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos xa que o galego non esta prohibido en ningunha materia e todos os estudantes deben finalizar cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas nas dúas linguas co-oficiais na nosa Comunidade.
- Desenvolver un plan de formación para que todo o persoal dos centros educativos de Galiza teña unha competencia oral e escrita para comunicarse e para desenvolverse correctamente en galego.
Estas son as razóns polas que a Plataforma Cidadá Queremos Galego, convoca unha manifestación para o vindeiro domingo 27 de Xaneiro, baixo o lema Pola lingua que nos une!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]