Imaxe de cabeceira
O IES rebole
CoraSóns para o Equipo de Normalisasión!

O ENDLG do IES Félix Muriel convoca un Certame Fotográfico para celebrar o día da Candeloria. O certame recibe o nome de CORASÓNS pois o asunto é celebrar o amor, se ben a intención é facelo dunha maneira suxerente.

Trátase de fotografiar corazóns, mais eses corazóns deben ser intuídos nos obxectos cotiáns; non deben ser mostrados, senón suxeridos…

Cada fotografía debe ser orixinal, realizada polo participante no certame, e debe ir acompañada dunha mensaxe de amor, con ou sen destinatario/a explícito.

No certame pode participar toda a Comunidade Educativa vinculada ao instituto. Cada participante poderá enviar até 5 fotografías distintas, coas súas respectivas mensaxes amorosas. Os envíos realizaranse a través do correo electrónico ao enderezo do ENDLG: enl.felixmuriel@gmail.com. Tamén poderán ser entregadas directamente, na Sala de Normalización, en sobre pechado, ao profesorado responsable da actividade (Tina, Sofia…). Tanto no correo-e, como no sobre, deberán figurar o nome do participante e a súa relación coa comunidade educativa: alumno/a, persoal docente, persoal non docente, pai/nai dun alumno/a… En caso de tratarse dun alumno/a, deberá engadir ademais o curso e o grupo ao que pertence.

O prazo do certame abranguerá toda a primeira quincena do vindeiro mes, dado que a Candeloria se celebra o día 2, recolleranse fotografías entre o 1 e o 18 de Febreiro. Durante ese período farase público o nome dos participantes no xurado, que outorgarán 3 premios (agasallos sorpresa) o derradeiro día do mesmo mes de Febreiro. Non esquezades o obxectivo fundamental do Equipo de Normalización á hora de convocar este, ou calquera outro, certame: O USO DA LINGUA EN TODOS OS ÁMBITOS. Así que do que se trata é de que usedes, até gastala, a lingua, tamén nas vosas mensaxes amorosas…

DÁDELLE GHUSTO Á LINGHUA: GHÁSTADE O GHALEGHO, CON MOITO AMOOOOORRRRRR!!!!!!!!!

CERTAME FOTOGRÁFICO CoraSóns



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.