Imaxe de cabeceira
Varia
CDU e ISBN

Este póster foi feito na nosa biblio para familiarizar aos lectores cos códigos CDU. Podedes descargalo en formato pdf neste enlace

sites.google.com/site/materiaisdoedlg2/cartel-cdu

www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx

Nesta dirección podes entrar en calquera das bibliotecas de Galicia.

Tes que seguir as ordes de selección da entrada e unha vez escollida a biblioteca dáslle a Entar na biblioteca

 

www.mcu.es/bibliotecas/MC/Rebeca
REBECA é unha base de datos que contén rexistros bibliográficos en formato Ibermarc. Está concibida como unha fonte de recursos para a catalogación automatizada principalmente dirixida ás bibliotecas públicas.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as Comunidades Autónomas poñen REBECA a disposición das bibliotecas españolas con dous obxectivos principais:

  • Permitirlles reducir o tempo que dedican á catalogación.
  • Facilitarlles o mantemento normalizado dos seus catálogos.

Os rexistros pódense extraer de forma gratuíta para ser integrados nos catálogos automatizados das bibliotecas, sempre que estas traballen en Ibermarc.
A base de datos REBECA actualízase a diario por colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as Comunidades Autónomas, é unha experiencia de catalogación cooperativa na que actualmente participan 21 Bibliotecas Públicas do Estado, 9 Bibliotecas Centrais de Comunidades Autónomas e 5 Redes de Bibliotecas Públicas de CCAA.

Esta é a páxina de entrada. Fíxate que ten un apartado para

  • Buscar en REBECA

www.casadellibro.com/libros

Danos información de cada libro, nº de páxinas, tipo de encadernación, e unha pequena sinopses e, por suposto, o prezo de mercado.

Tes que escribir o título, ou o autor onde indica a frecha vermella.

Información sobre os libros que queremos ler



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.