Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Trampa de luz

RESEÑA

Unha das actividades favoritas de Irene é sacarlle fotos a canto animal ou planta atopa para logo tratar de recoñecer a súa identidade. É unha experta en fotografar avelaíñas cunha trampa de luz. Sabe que para collelas debe pórlles unha fonte luminosa e un pouco de auga azucrada e logo agardar a que as presas acudan ao reclamo. A presenza na vila do tanxedor de campás provocou que ocorrese algo fóra do normal. Co son das badaladas apareceron na praza uns paxaros de plumaxe maxestosa, unha especie descoñecida da que Irene non atopou referencia ningunha cando consultou nas guías de aves da biblioteca do seu pai, un territorio ideal para osmar nos segredos. Mais non será ese o único acontecemento estraño e inquietante que sucederá na vila. Algo inexplicable ocorre cos animais.
Unha novela de medo e fantasía, na liña das mellores historias de H. P. Lovecraft, sobre a estremecedora procura dun segredo aniñado nas tebras da noite.

 

Autor: Agra, Agustín (1966)Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario Cotarelo Valledor de Vilaxóan. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No ano 2004, gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con “Os límites do inimaxinable”, obtendo, así mesmo, o primeiro accésit da edición de 2005 con “Na Caeira”. Ten publicado os libros O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (Xerais 2006), premio Merlín de Literatura Infantil 2006, e Cazaría salvaxe (Fóra de Xogo, Xerais 2008).

 

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.