Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Sentenzas en contra do Decreto

O pasado 21 de novembro deste mesmo ano, publicouse unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declara ilegais algúns dos apartados do anterior Decreto de Plurigüismo aprobado en Maio de 2010. Máis concretamente, os puntos 5.2 e 12.3 nos que se manifesta que nas clases de ensino non universitario, o alumnado poderá utilizar a lingua oficial oral e escrita que prefira, e tamén será elección dos pais a lingua oficial que se empregará polos docentes nas aulas de educación infantil. O TSXG explica, na sentenza, a ilegalidade destes apartados ao incumplir a Lei de Normalización Lingüística (LNL) aprobada no 2004, que declara a necesidade de impulsar e garantir a aprendizaxe básica da lingua galega, e xa que logo, débese impulsar o seu uso, sobretodo nos ámbitos educativos. Co novo decreto este uso non se garante, ao deixar a libre elección a lingua que se empregará no ensino básico, elección que debe facer a Administración, sempre respetando os principios da LNL, para así protexer e desminorizar a nosa lingua. Unha vez máis vemos os constantes ataques que o actual goberno dirixe a lingua, chegando incluso a incumplir a lei. Pero grazas ás denuncias de colectivos como a Confederación Intersindical Galega do Ensino e a Mesa conseguiuse desbotar e frear este ataque. Tanto a mobilización destes colectivos como a resolución do TSXG demostran que as actuacións activas en defensa da lingua galega acadan resultados positivos e satisfactorios para a propia lingua. Por iso, o que debemos é mobilizarnos freando estes ataques, no canto de aceptalos sen máis.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.