Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Revista “Ollos de aula”

No noso centro difundimos a revista mensual Ollos de Aula (revista para as familias) desde que saíu o número 1 tanto entre a comunidade educativa como fóra dela.

Se pertences á comunidade educativa do IES Félix Muriel, seguramente xa saberás da existencia da revista Ollos de Aula, pero se aínda non estás informado/a dirémosche que xa vai no número 3 que comezamos a distribuír onte no centro. Ademais de que o profesorado teña exemplares na sala, tamén hai copias nos puntos de lectura do alumnado e de atención a nais e pais. 

Démoslla a coñecer ás familias que asistiron á reunión de principios de curso e as persoas interesadas na subscrición recíben un exemplar en papel na súa casa cada mes

 

 Copias do número 1 que se entregou na reunión de nais e pais

 Mais tamén chegamos a fóra do centro cunha edición en color que puidemos realizar grazas á colaboración do concello de Rianxo (concellería de educación, cultura e normalización lingüística). O alumnado do equipo distribuíunas polos diferentes locais do concello nos que hai xente á espera (centros de saúde, salóns de peiteado, clínicas dentarias…)

 
 

 

 Xosé Anxo le un exemplar da edición en color e en tamaño A4 que se imprimiu no concello para distribuír pola vila.

 E ademais sempre a ides poder atopar colgada nesta revista, no noso blog “O castelo da lúa” e todas xuntas na páxina web da Coordinadora galega de ENDL:  www.coordinadoraendl.org/entrada.php

 

 

Onde a podo atopar?



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.