Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O TSXG bota por terra dous dos tres eixos centrais do Decretazo contra o galego

En concreto tentaron anular o artigo 5.2, no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e nais en Educación Infantil que supuxo por exemplo o varrido do galego no 96% dos centros de infantil das cidades, e o 12.3 no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso do galego.

A CIG-Enseino reclama a derrogación completa do Decreto de Plurilingüismo e pide un novo decreto que recolla os obxetivos e as propostas do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado no 2004.

O BNG ademáis de pedir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo e o cesamento do conselleiro de Educación en funcións, tamén lle pide ao goberno que reterne ao consenso que existiu cando o Parlamento Galego aproboi o Plano de Normalización Lingüística, o cal rachou unilateralmente ao aprobar a primeira lexislación da historia do país que supuña un paso atrás no estatus do galego nas aulas.

A Consellería de Educación afirmou o seu respecto pola sentenza pero considera que o TSXG axuda o equilibrio enre o galego e o castelán. Sobre a anulación do artigo 5.2, declarou que a Administración sempre debe actuar apoiando e dacordo co que queren as familias.

A consulta aos pais, agora eliminada, provocaba que cando o 40% das familias urbanas elixira que os seus fillos aprendesen en galego, eran contados os centros nos que esa opción era maioritaria polo que practicamente todas as aulas de educación infantil en Galiza se imparten en castelán. Sobre isto, o TSXG afirmou que a Administración non pode abdicar das súas responsabilidades e que a elección de lingua no ensino fica fóra da esfera de elección dos pais. Para A Mesa a sentenza deixa claro que “o galego terá que regresar a educación infantil das cidades”

Sobre o artigo 12.3, que a sentenza describe como “ilegal” ao permitirlle ao alumnado a utilización do castelán malia que sexa o galego a lingua en que se imparte a materia. A TSXG di que este punto do Decreto contradí o mandato da Lei de Normalización no seu artigo 12.3 que esixe o fomento do uso progresivo do galego xa que non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua desta Comunidade Autónoma. A Mesa lembra que o principio de que nas materias que se impartan en galego deba utilizarse a lingua galega foi un dos elementos en que se centrou o actual goberno para atacar o decreto de 2007.

O TSXG salva o resto dos puntos do decreto pero afirma que o galego debería ter un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable para que exista igualdade entre dous idiomas oficiais.

En resumo este decreto implica a desaparición do galego nas materias técnicas e tamén imposibilitou que os nenos de Educación infantil puidesen comezar a súa vida escolar en galego. Censuraron a desprotección do idioma máis débil e ademáis isto empeorará máis aínda os resultados do informe do Comité de Expertos do Consello de Europa que denunciou hai unhas semanas a discriminación na que se atopa o galego e os seus falantes.

Os expertos do Consello de Europa móstranse preocupados pola redución do galego nas escolas e lémbranlle ás autoridades que é necesaria a existencia de un número suficiente de escolas que ofreza unha educación completamente en galego.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.