Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O TSXG anula dous puntos do Decreto do Plurilingüismo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, invalida dous artigos do Decreto do plurilingüismo da Xunta. E outro punto que lles permitía ós alumnos usar a lingua da súa preferencia na aula. As reaccións non se fixeron esperar por parte do pobo.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima o recurso presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Plataforma Queremos Galego contra do Decreto do plurilingüismo. Anula o artigo 5.2 que incluía unha consulta vinculante ás familias sobre a lingua predominante en infantil. A sentenza recolle literalmente que a programación xeral do ensino é tarefa da Administración e que non pode abdicar desa función sometendo a votación un aspecto tan fundamental coma a lingua. Tamén queda invalidado o artigo 12.3 que lles permitía ós alumnos usa-lo galego ou castelán na aula, segundo preferiran, e á marxe do idioma en que se impartira a materia, aínda que buscando preferentemente que coincidiran. O Tribunal Superior de Xustiza entende que ese punto vai contra a Lei de normalización lingüística, que establece o galego como vehículo de comunicación con carácter xeral no ensino non universitario.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.