O pasado xoves 22 de novembro fixemos unha saÃda didáctica a Ourense para percorrer o Roteiro da Esmorga, que recibe este nome por ser o camiño que percorreron os tres protagonistas da obra de Blanco-Amor, A Esmorga.
Saímos do IES Félix Muriel ás 8:30 e dirixímonos cara Ourense para percorrer o noso camiño. Levábamos con nós a Sofía, a mestra de galego, e aos mestres de Física e Química, Mónica e Guillermo.Cada un de nós levaba un mapa e un roteiro no que debía cubrir unha serie de citas que iríamos atopando polo camiño. A nosa primeira parada foi o Xardín do Posío, onde cada un de nós valéndose do mapa debía ir chegando a cada unha das paradas marcadas. Aínda que na maoría dos casos tíñamos que rectificar o camiño tomado, posto que así nolo indicaban, non houbo que lamentar perdas. Unha vez percorrido o roteiro fixemos unha parada no bufete libre do Euphoria, onde recuperamos as forzas e pasamos un bo rato cos amigos.
Logo da comida fumos coller o autobús para ir a Galiciencia, que era a segunda parada do día. Ao chegar dividíronos en dous grupos para facer cada un deles unha actividade distinta. O noso grupo recibiu unha charla sobre enerxías renovables e tan pronto finalzou xuntáronos a todos no auditorio para contemplar unha exposición. Esta trataba temas relacionados cos efectos especiais e cos fallos que cometían os directores á hora de realizalos. Tamén nos fixeron un test para saber se eramos superdegustadores. A proba consistía en chupar un trozo de papel e, se resultaba ter un sabor amargo, eras superdegustador; se polo contrario nn sabía a nada, eras degustador. Cando acabou fumos contemplar os experimentos realizados por alumnado de distintos centros de Galicia e, unha vez rematada a visita, dirixímonos de volta a Rianxo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]