Así comeza o libro no que se basea esta película, a máis esperada deste 2012
Tras o enorme éxito do Señor dos Aneis, Peter Jackson, presenta agora a primeira entrega dunha trioloxía que aspira a converterse nunha das grandes da fantasía.
En O Hobbit: unha viaxe inesperada, veremos as peripecias de Bilbo Bolsón, un hobbit que se verá embarcado nunha increíble aventura acompañado de ananos, elfos e magos.
A rodaxe do filme foi problemática e tortuosa. Demoras, inclemencias meteorolóxicas, problemas económicos… que provocaron que o que ía ser o seu director inicial Gillermo del Toro, renunciase, e que o seu lugar fora ocupado polo produtor e coguionista da mesma, que ademais é un dos máximos referentes da dirección mundial polo éxito precisamente de O Señor dos Aneis: Peter Jackson.
A película está baseada no libro de J.R.R. Tolkien, aínda que se basea tamén en datos e historias doutras publicacións do autor, pois sen dúbida trátase dunha versión moi extendida da historia orixinal que non conta con moito máis de trescentas páxinas, e que se verá dividida en tres partes.
Haberá que agardar aínda para poder ver as dúas restantes, pero a primeira xa se atopa na carteleira. En que fila queredes a butaca?
Imaxe: Blogdecine.com
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]