Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Máis Celso Emilio

Seguimos coa nosa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Estamos preparando o recitado conxunto para mañá mércores 12 do 12 ás 12. Xa sabedes que nos habemos xuntar todos no edificio central. E como no centro non podemos usar os móbiles, convidámosvos a que fóra del, vós e os vosos amigos e familiares difundan a actividade a través das redes sociais. Como?

Pois participando nun envío masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.

E ese día, non só se van realizar esas dúas accións. Tamén se estrea un documental dirixido por Aser Álvarez. Grazas á súa xenerosidade, deixámosvos aquí un trailer

 

100% CEF. Trailer from asombraproducions on Vimeo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.