Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Se vendes na Galiza, vende en galego!

O novo centro comercial As Cancelas aberto en Santiago de compostela, discrimina completamente a nosa lingua.

Na súa inauguración, a que acudiu o Secretario xeral de Política Lingüística, os discursos fixéronse en castelán. Pero ademais, as sinalizacións, os anuncios e todos os carteis que alí hai non están escritos na nosa lingua.

E sorprendémonos si! pero non positivamente…

A modo de protesta, unha comitiva da Mesa pola Normalización Lingüística percorreu o centro comercial con consignas como “Non á exclusión, si ao galego” e interrompeu a conexión da TVG, que ía realizar unha entrevista ao xerente da empresa en castelán, xa que este se negou a responder en galego.

O uso do galego no ámbito empresarial dá unha imaxe máis moderna da comunidade. Ademais, os resultados duns estudos realizados en Santiago de Compostela demostraron que ao 83,9% dos veciños e veciñas da cidade lles parece “ben ou moi ben” que se use o galego na publicidade das empresas e produtos.

 FONTE: http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/370




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.