Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O TSXG anula parte do Decreto de Plurilingüismo

O recurso de colectivos coma a Mesa pola Normalización Lingüística, Queremos Galego ou CIG foi atendido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anulou parte do texto do Decreto de Plurilingüismo. Trátase dos artigos 5.2 (é dicir, a consulta aos pais do alumnado de Educación Infantil, para que decidisen a lingua na que se educarían seus fillos) e tamén o 12.3 (que estipulaba a elección da lingua  de uso na aula por parte do alumnado).

Para o TSX de Galiza, estes artigos incumpren a Lei de Normalización Lingüística, por non fomentar o uso da lingua galega.

De momento, dende a Xunta especúlase coa posibilidade de seguir realizando a consulta aos pais, aínda que sen ter carácter vinculante.

Pero o TSXG xa deu o camiño a seguir: o galego deberá ter "un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable". Só así se acadará a normalización da lingua!!

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.