O PRESTIGE CHEGA A BRUXELAS
Isaac Cordal, artista galego de Pontevedra inaugurou o pasado 8 de novembro unha exposición en Bruxelas,na Galería Harlan Levy Projects co nome de "Prestige". Púxolle este nome para facer unha chamada de atención os políticos que hai 10 anos non tomaron decisións correctas.
A exposición está composta por unhas figuriñas de cemento, unhas pintadas e outras non, que esperan coa auga ata os xeonllos e un flotador a subida do nivel do mar. A exposición, tamén denuncia que ante o cambio climático temos que tomar medidas.
FONTE: http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/noticia-de-prestige-unha-exposicion-de-isaac-cordal-en-bruxelas/20121112202454007574.html
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]