Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O MARCO de Vigo conmemora a traxedia do Prestige.

endif]->endif]->

endif]->endif]->

O MARCO de Vigo abriu as súas portas o 13 de novembro de 2002, unha fatídica xornada que pasaría á historia polo accidente que o petroleiro Prestige sufriu 240 millas máis aló de Finisterre.

Na conmemoración do décimo aniversario do afundimento (que tamén é a data da súa apertura), o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, expón nas súas salas un gran número de material documental combinado con pezas artísticas (dende esculturas ata fotografías, pasando por debuxos ou vídeos).

A Balea Negra é o nome da exposición, e rende homenaxe ao soño premonitorio que o Alemán de Camelle tivo pouco tempo antes da traxedia, no que unha balea negra chegaba a Galicia. Este escultor, que realizaba a súas creacións á beira do mar, veu como a súa obra quedaba afectada polo fuel procedente do buque. Na mostra recóllese tamén un cranio de cetáceo manchado de chapapote realizada por este home, que morrería pouco despois da catástofre.

Pero A Balea Negra non trata só sobre o petroleiro. Así o confirma o comisario da exposición, Pedro de Llano, “Non é unha exposición sobre o Prestige, pero este é o seu motivo principal”. Entre os temas que aborda están, ademais da propia traxedia, a industria petroleira, a globalización e a explotación da natureza.

Cada unha das obras que se presentan, dende unha escultura de tres toneis de petróleo que representa a incerteza da sociedade actual, firmada por Damian Ortega;  ata un lago de aceite obra de Marcela Armas; recórdannos a traxedia,e espertan en nós o mesmo sentimento ca entón: NUNCA MÁIS !                 

                                                                                                                                                          Imaxe: marcovigo.com





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.