Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Mes da Ciencia no IES Félix Muriel

Continuamos no IES Félix Muriel celebrando o “Mes da Ciencia” cunha exposición de libros no recuncho de lectura xunto a aula de  titoría no edificio central

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

e tamén no anexo

 

 

 

 

 

 

 

 

Se tes interese por algún dos libros que aparecen nas exposicións podes levalos de préstamo pasando pola biblioteca e cubrindo a correspondente ficha.

Tamén hai unha exposición dos traballos realizados polo alumnado de 4º PDC sobre  Leonardo da Vinci, Marie Curie, Antonio Casares e Ramón Verea no corredor principal do edificio central, neles aparecen datos curiosos destes destacados científicos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta semana remataremos coa primeira saída do alumnado de bacharelato, será o venres día 16 e visitarán a Facultade de Enxeñería de Minas de Vigo, onde poderán ver en directo o traballo que se realiza nos distintos departamentos, a próxima semana contarannos con detalle a visita.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.