Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Entrevista a Alberto López Basaguren

Hai uns días, lemos unha entrevista moi interesante que lle fixeron no xornal Praza Pública. Aquí vos deixamos un breve resumo e mais a nosa opinión. Tamén o enlace para que poidades lela completa.

Alberto López Basaguren é catedrático de Dereito Constitucional na Universidade do País Vasco e membro do comité de expertos do Consello de Europa que vén de elaborar as recomendacións a España no cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, informe do que xa se deu notica nesta revista hai uns días.

Nesta entrevista trátanse temas como a situación da lingua galega en Galicia e concretamente no ámbito social e nas aulas, onde, debido ao actual Decreto, se está a reducir o uso do galego considerablemente. Respecto a isto, Basaguren afirma que España está incumprindo algúns dos compromisos asumidos anteriormente na Carta.

Destacounos, por unha parte, que Basaguren asegurase na entrevista que non hai motivos para que se produza un conflito entre a lingua galega e o castelán e que ningunha se debe impoñer sobre a outra, aínda que recoñece que existen conflitos. Por outra parte, que  afirmase que a inexistencia de medios de comunicación privados en galego, feito que afecta a nosa lingua de forma directa, chama á atención fóra do noso territorio. 

Basaguren tamén cre que a crise económica vai afectar as políticas de promoción lingüística e considera que o reto é que os recortes non afecten de forma desproporcionada ás políticas lingüísticas.

Rematamos expresando a nosa opinión sobre a cuestión, expresando o incrible que nos parece que a administración aínda reduza máis o uso do galego en ámbitos públicos, xa está bastante lacrado como para reducirlle máis funcións.

Tamén nos gustaría expresar, respecto ao que el di sobre o conflito, que sempre que haxa respecto,  e a sociedade non se deixe levar polos prexuízos, dúas linguas poderían convivir, e sen que unha sexa asoballada por a outra. E o que é totalmente inxusto é que se mesture a política coa saúde e a situación das linguas, mentres iso o sigan facendo os políticos non se vai poder avanzar nese aspecto, xa que a promoción do galego debería ser deber de todos os gobernos fosen da ideoloxía que fosen..

A entrevista completa en:

praza.com/movementos-sociais/2710/a-paz-linguistica-en-galicia-non-parece-dificil-pero-o-conflito-e-maior-que-en-euskadi/




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.