Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Agora e sempre co pobo saharauí

 

 

 O pasado día dez de novembro milleiros de persoas procedentes de todos os recunchos da península xuntáronse en Madrid nunha marcha que tiña coma obxectivo denunciar, un ano máis, a situación de desamparo que segue a sufrir o pobo saharauí.

Pedindo liberdade, xustiza e reclamando o cumprimento dos dereitos humanos, os manifestantes intentaron recordar ó goberno español a súa directa responsabilidade no conflito, ó mesmo tempo que advertían ó rei marroquí Mohamed VI, que o Sáhara seguirá loitando ata acadar unha solución.

Dende representantes a familias acolledoras de nenos saharauís, todas as asociacións a favor do Sáhara estiveron representadas o dia dez . Participaron tamén na marcha diferentes artistas coma Pilar Bardem, Rosa Mª Sardá e a cantante saharauí Mariem Hassan, quen interpretou algunhas das súas cancións para clausurar o encontro.

A presenza que máis se fixo notar porén, foi a de centos de saharauís de todas as idades que, dende a alegría de atopar de novo ós seus compatriotas, mais sen deixar de amosar a preocupación que senten pola situación do seu país, tomaron as rendas da concentración.

 Cando a marcha chegou á praza de Santa Cruz, comezou a clausura do acto reivindicativo no que interviñeron diferentes ministros saharauís e artistas.

Atopábase tamén no encontro José Oropesa, o único dos cooperantes que decidiu permanecer nos campamentos saharauís tras a evacuación de cidadáns españois levada a cabo polo goberno, quen lle advertiu ó ministro español de asuntos exteriores que a intervención destes colaboradores nos campamentos é necesaria.

Ademais Enric Gonyalons e Ainhoa Fernández, os dous cooperantes españois secuestrados o pasado ano no territorio de Tindouf, manifestaron o seu total apoio á causa saharauí, e advertiron que seguirán involucrados nesta loita.

 

 No noso centro estamos recollendo roupa e medicinas para o pobo saharauí

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.