A supervivencia da lingua
Dúas especies descendentes dun mesmo antepasado, autóctonas das augas atlánticas e mediterráneas, habitan actualmente na península Ibérica. O galego adaptouse ao clima e terreo do noroeste, mentres que o castelan fixo da meirande parte restante da península o seu hábitat.
Non son as linguas un ser vivo máis? As tres funcións fundamentais dos seres vivos que estuda a Bioloxía, tamén son estudadas polo ecolinguismo: as linguas nútrense, relaciónanse, reprodúcense, e mesmo morren…
E ao igual que poden morrer, tamén as poden matar…Cantas non foron xa barridas do planeta? Cantas non están no último alento?
A introducción dos coellos en Australia foi devastadora. Os inofensivos lagomorfos acabaron cos pastos e deixaron sen sustento á fauna actóctona, o que levou a pór en perigo numerosas especies únicas do continente. O castelán está deixando sen sustento ao galego. As linguas aliméntanse de falantes, e os falantes de galego estanse a extinguir. E por que se extinguen? Porque se preferiu deixar de ser sardiña da ría para ser servidos nun restaurante da capital como"excelente sardina atlántica". Os australianos loitan día a día para erradicar a superpoboación de coellos, loitan por preservar a súa fauna, a súa identitade. En Galiza ocorre todo o contrario, rexéitase todo o propio, a lingua, a cultura, a historia…En Galiza, búscase non ser galego!
Os galegos prefiren pasar por turitas na súa propia terra.
IRENE BLANCO MARTÍNEZ 1ºC BACHARELATO
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]